UMAD

O Concello pon en marcha un novidoso programa preventivo destinado a familias con nenos con condutas problemáticas

10/06/2008 "En busca do tesouro das familias" é o título dun novidoso programa que porá en marcha a Unidade Municial de Atención a Drogodependentes (UMAD) no último trimestre do ano. Esta actividade forma parte dos programas previstos pola Concellería de Benestar Social e Muller e incluídos no convenio que o Concello vén asinando coa Consellería de Sanidade dende o ano 1998.

A concelleira de Benestar Social, Mar Martín, e a directora da UMAD, Pilar Bermejo, presentaron este convenio de cofinanciamento para o desenvolvemento de Programas de Prevención e Incorporación Social de Drogodependencias. Este ano o Servizo Galego de Saúde, a través da Subdirección Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias, e o Concello formalizarán un novo convenio para o período xullo 2008-xuño 2009 no que se contempla un orzamento de 124.000 euros para a realización de programas para nenos, familias e mozos.

Entre estes programas está o de "En busca do tesouro das familias", dirixido a familias con nenos e nenas de 6 a 12 anos con condutas problemáticas. A través de xogos baseados en pistas para conseguir determinados obxectivos, traballarase en tres grupos, co fin de que rapaces, pais e familiares melloren a súa convivencia e se sensibilicen sobre as condutas que axudan a conseguila.

Tamén se desenvolven por primeira vez outros tres programas:

1. Programa Odisea. Programa preventivo escolar integral de prevención de drogas para centros de garantía social.
2. Cambio de Sentido. Programa preventivo dentro do ámbito xuvenil destinado aos usuarios de autoescolas.
3. Penélope. Programa preventivo destinado á muller.

Os programas céntranse en tres ámbitos diferentes: escolar, familiar e xuvenil. No ámbito escolar desenvolveranse as seguintes actividades preventivas:

1. Programa educativo de aprendizaxe de Habilidades Sociais para 6º de primaria. (700 participantes o último ano).
2. Programa educativo de aprendizaxe de Habilidades Sociais e Competencias persoais para alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO. (500 participantes o último ano).
3. Programa de Educación para a Saúde para mozos de 5 a 18 anos. (2.300 participantes o último ano).
4. Programa de Cinensino para alumnos de 5º, 6º de EPO e 1º, 2º de ESO. (2.250 participantes o último ano).
5. Diálogo a tres voces. Para alumnos de 4º da ESO e Bacharelato. (400 participantes o último ano).
6. Clases sen fumes. Concurso para estimular a prevención do consumo de tabaco entre o alumnado de 12 a 14 anos (para os cursos de 1º e 2º da ESO).
7. Programa formativo-informativo sobre drogas e outras substancias para 4º da ESO denominado "PASA ALGO NON PASA NADA". (1.400 participantes o último ano).
8. Cursos de formación do profesorado. Destinado a 60 profesores do Concello de Santiago.

Programas preventivos no ámbito familiar:

1. Escola de pais e nais para a educación. ( 90 participantes o último año).
2. Programa de resolución de conflitos entre pais e nais con fillos adolescentes. (Participantes o último ano: 60 pais e nais).
3. Programa de resolución de condutas problemáticas en mozos "Enfrentando os problemas". (Participantes o último ano: máis de 100 pais e nais).

Programas preventivos que se desenvolven no ámbito xuvenil:

1. Campaña de sensibilización cara aos mozos sobre o consumo de alcohol empregando diversos dispositivos publicitarios, cartelería, mupis, anuncios TV, etc.
2. Programa alternativo. Destinado a 60 mozos con denuncias por consumo ou posesión de droga en lugares públicos.
3. Programa de mediadores universitarios. Formación de 20 mozos como mediadores para que actúen como recurso informativo próximo aos rapaces.
4. Programa Creative. Pretende achegarse aos mozos e mozas adolescentes cun programa de prevención dentro dos seus espazos de ocio nocturno (no botellón). Nova iniciativa este ano: mensaxes de bluetooth a teléfonos móbiles.

Non incluída no convenio, tamén se realizará unha novidosa iniciativa de investigación en colaboración con Caixa Galicia. Trátase da actividade denominada "Karen", centrada na análise da vida recreativa en Santiago de Compostela, do estado da situación actual e propostas para previr os factores e das condutas de risco asociadas á mesma.

Compartir: