TURISMO

Francisco Candela preside a xuntanza do Spain Convention Bureau

05/09/2005 O comité executivo da Sección de Cidades de Congresos (Spain Convention Bureau) da Federación Española de Municipios e Provincias reunirase mañá martes na sede da FEMP en Madrid.

O concelleiro de Turismo compostelán, Francisco Candela, que preside o Spain Convention Bureau no período 2005-2007, encabezará a xuntanza na que se dará seguimento á evolución do plan de actuación conxunta asinado este ano con Turespaña.

O acordo entre ambas entidades estabelece a realización de xornadas, campañas de publicidade e fam-trips nos mercados prioritarios, especialmente Alemaña, Francia, Italia e Inglaterra, a renovación das webs do SCB e Turespaña e a elaboración dun estudo estatístico do mercado de reunións español en 2004, xa concluído e remitido aos socios. Outras publicacións, coma o folleto de incentivos e a guía de congresos, están a piques de ser editadas.

A Sección de Cidades de Congresos da FEMP, que agrupa a 38 cidades españolas -entre elas Santiago de Compostela- para a súa promoción conxunta como destinos de reunións e congresos, tamén estudará nesta xuntanza as solicitudes incorporación de novos membros.

Compartir: