EDUCACIÓN

A Escola Infantil de Conxo pecha durante o mes de agosto

09/06/2008 O Goberno municipal autorizou o peche durante o mes de agosto da Escola Infantil Municipal de Conxo, dándose o servizo ás familias que o demandan na Escola Infantil Municipal das Fontiñas.

A Concellaría de Educación autorizou esta medida, que xa se contempla no regulamento da Escola Infantil de Conxo, xa que a normativa autonómica contempla un mes de vacacións para os nenos que asisten ás escolas infantís, e o mes de agosto é o máis utilizado polas familias para estas vacacións. Así pois, a Escola de Conxo pechará en agosto, salvo que cando menos 10 nenos dos que asisten á mema precisaran o mesmo e o xustificaran documentalmente por escrito.

Tamén no ámbito da Concellería de Educación, a Xunta de Goberno aprobou a celebración do I encontro Galego de Escolas Municipais de Música de Galicia, que se celebrará o 21 de xuño, coincidindo co Día Internacional da Música. O orzamento será de 1.842 euros.

Compartir: