URBANISMO

Novos usos dotacionais no SUNP-31 de San Marcos

09/06/2008 A Xunta de Goberno deu o visto bo inicial á modificación puntual do Plan parcial do solo urbanizable non programado número 31 (SUNP-31) de San Marcos. Este cambio reduce a primacía do uso hoteleiro e ofrece un máis amplo abano de posibilidades para actividades de carácter terciario e rotacional.

A relación de usos dotacionais autorizables limitarase aos seguintes: docente, deportivo, sanitario, asistencial, sociocultural, relixioso e público administrativo. Requírese á Xunta que presente un proxecto modificado que integre a condición sinalada e, posteriormente, o proxecto someterase a información pública durante un mes.

SUNP-5
Ademais, resólvense as alegacións formuladas no trámite de información pública e apróbase definitivamente o expediente de expropiación do SUNP-5 da Muíña, tramitado por taxación conxunta, segundo o proxecto presentado por EMUVISSA o 8 de abril de 2008. Así mesmo, apróbase a parcelación resultante.

Compartir: