DEPORTES

Villestro non faltou á súa cita anual co deporte

07/06/2008 A parroquia de Villestro viviu un ano máis un día dedicado ao deporte e ao lecer. A Romaría do Deporte chegou xa á súa XIII edición, cunha xornada repleta de actividades para todas as idades. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu ao evento, celebrado no campo de fútbol da Barrosa.

Como cada ano, non faltaron as competicións deportivas para rapaces e maiores. Pero tamén se celebraron diversas actividades complementarias, como un xantar e unha gran verbena popular.

A Romaría do Deporte naceu alá polo ano 1995 co fin de agradecer aos xogadores e pais do club SD Villestro o esforzo realizado durante toda a tempada defendendo e animando ao equipo. Na súa organización involúcranse as distintas entidades da parroquia, como a Asociación de Veciños "A Unión de Villestro", o CEIP Roxos, a Asociación Xuvenil Guxuvi ou o Club Veteranos Villestro.

Compartir: