DEPORTES

Compostela únese á Festa do Deporte

06/06/2008 O domingo 8 de xuño, entre as 10:00 e as 14:00 horas celebrarase no Parque Municipal de Galeras a Festa do Deporte "O deporte galego une". A Consellería de Cultura e Deporte xunto coa Fundación Deporte Galego e o Concello de Santiago fan posible a celebración deste evento en Compostela.

Esta Festa nace dunha iniciativa das provincias de Torino e Barcelona ás que se foron incorporando outros territorios e institucións. No ano 2008 Galicia incorpórase a esta iniciativa, facendo posible que o domingo 8 de xuño, en todos os concellos adheridos a esta iniciativa, se viva por unhas horas baixo o lema "Festa do deporte, o deporte galego une".

Trátase dunha festa lúdico-deportiva e popular aberta á participación de todos, adaptando as actividades ás características dos participantes, co obxecto de fomentar a participación e non tanto a competición.

As actividades a desenvolver no Parque de Galeras serán: chave, loitas olímpicas, carreiras de orientación e unha xincana ciclista.

Compartir: