ALCALDÍA

O Plan Estratéxico entra na súa recta final

04/06/2008 O Consello de Dirección do Plan Estratéxico reuniuse na tarde do mércores 4 para coñecer e debatir o documento de medidas a poñer en práctica, de acordo coas liñas estratéxicas aprobadas.

A metodoloxía do plan seguiu xa as fases de diagnose, obxectivos, liñas estratéxicas e medidas a implementar. Tras a discusión das medidas, o Plan pasará ao Consello Económico e Social do Concello, para concluír definitivamente a elaboración do Plan Estratéxico de Santiago de Compostela.

Compartir: