URBANISMO

Aprobado o proxecto de urbanización do SUNP-25 de Roxos

02/06/2008 A Xunta de Goberno aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do Sunp-25 de Roxos. Dáse así vía libre para adxudicar un proxecto que afectará a un ámbito de algo máis de 16 hectáreas, cun orzamento de execución material de 2,9 millóns de euros.

Unha vez rematadas estas obras de urbanización, neste polígono levantaranse. unhas 262 vivendas, maioritariamente pareadas, das que un 20% serán protexidas. Haberá amplas zonas verdes, deportivas e de lecer

O proxecto désete polígono, obra do arquitecto Jesús Conde García, contempla unha reserva de 24.044 metros cadrados para zonas verdes e espazos libres. Así, destínase solo para a ampliación do colexio de Roxos, co que se podería dotar de máis instalacións deportivas. Ademais, nesta zona prevese a construción dun campo de herba artificial e de pistas deportivas.

Tamén se reserva terreo para a posible ampliación futura do periférico, que atravesaría este polígono. Entre tanto, o espazo destinarase para zonas verdes.

Ascensores na rúa Doutor Maceira
Por outra parte, deuse o visto bo inicial ao estudo de detalle para a instalación de ascensores nos edificios números 6, 8, 10, 12 e 14 da rúa Doutor Maceira. Preténdese con esta actuación ubicar os ascensores no espazo, de titularidade privada, necesario para ampliar os actuais núcleos de escaleiras, o que supón pechar o patio existente, configurando unha aliñación recta e continua en toda a fachada.

Compartir: