DEPORTES

Raxoi ábrelle as portas ao primeiro equipo do club Lobelle

01/09/2005 O primeiro club da capital de Galicia foi recibido pola corporación municipal na Casa do Concello.

No acto de recepción, o presidente do Lobelle, José Antonio Lobelle, entregou ao alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, un anuario da temporada 2004-2005 e a primeira escultura exclusiva do equipo. Ademais, Lobelle ensinou ao alcalde compostelán a nova bandeira do seu club, no que traballan máis dun cento de persoas.

Compartir: