ALCALDÍA

O alcalde destaca a experiencia e profesionalidade do novo xefe do Parque de Bombeiros

28/05/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao novo xefe do Parque de Bombeiros, Jesús Martínez. Este sucede no cargo a Cesáreo Rey, que deixará no verán o seu cargo por xubilación o 16 de agosto, pero que ata entón disfruta das súas vacacións pendentes.

O sarxento Jesús Martínez chega á súa nova responsabilidade despois de 25 anos de servizo como bombeiro en Santiago, aspecto este que foi valorado polo alcalde. Acompañounos na reunión a concelleira de Mobilidade, Marta Álvarez-Santullano.

Preguntados pola situación do Parque Comarcal de Bombeiros a propósito da sentenza xudicial que o invalida o seu convenio, Jesús Martínez indicou que o seu futuro é "unha decisión política". Así o respaldou Sánchez Bugallo, quen apuntou que corresponde á Xunta e á Deputación tomar a decisión sobre "o modelo de parque de bombeiros que queren ter". Neste sentido, o alcalde indicou que para Santiago as opcións son dúas: seguir integrados nun parque comarcal ou recuperar o parque local, co que se debería construír un novo parque comarcal nun concello veciño.

Sánchez Bugallo recordou que o Parque Comarcal supuxo a renovación de todo o material e a incorporación de novos bombeiros ao cadro de persoal. En calquera caso, dixo que o do persoal non sería un problema, xa que co adianto da idade de xubilación imposto por lei, "en 2011 xa estaremos no cadro de persoal indicado na relación de postos de traballo do Concello".

Compartir: