ALCALDÍA

O Maratón de lectura da Fundación Granell recorda a traxectoria literaria do artista

28/05/2008 O alcalde compostelán e presidente do Padroado da Fundación Granell, Xosé A. Sánchez Bugallo, abriu o Maratón anual de lectura desta entidade, dedicado este ano á novela de Eugenio Granell Lo que sucedió..., publicada en 1967 e gañadora do Premio Don Quijote en México.

A Fundación Granell vén realizando dende 1998 este maratón, un clásico na historia da institución compostelá. Esta actividade é un espazo aberto á participación de calquera colectivo social e de calquera persoa a título individual que o solicite. Ademais, dende as 10:00 ata as 20.00 horas, estaban convidados a participar diversas personalidades do ámbito político, cultural, xornalístico ou académico.

A actividade literaria na vida de Eugenio Granell, menos coñecida que a súa traxectoria como artista plástico, ten un peso máis que notable na vida do creador. Para dar a coñecer esta faceta creativa do autor, a Fundación quíxolle dedicar por terceira ocasión o Maratón de lectura, nesta ocasión coa novela Lo que sucedió... ambientada en Compostela.

Compartir: