EDUCACIÓN

Ábrese o prazo de pre-inscrición para o programa "Vivir Zaragoza".

27/05/2008 O programa Vivir Zaragoza abriu o prazo de pre-inscrición, que se prolongará ata o 20 de xuño. Este programa, convocado pola Deputación da Coruña, está dirixido a nenos de 10 a 14 anos da provincia.

Este programa comprende unha visita a Zaragoza, na que os rapaces estarán guiados en todo momento por monitores especializados. Poderán coñecer os monumentos e museos máis importantes da cidade, visitar os lugares máis emblemáticos: a Basílica do Pilar, a Catedral da Seo, o palacio da Aljafería, etc. Todas as actividades incluídas no programa non suporán desembolso algún para os participantes, agás a cota de inscrición, que é de 85 euros.

Poderanse inscribir os empadroados no Concello de Santiago. A solicitude deberase entregar no Rexistro Xeral (rúa Presidente Salvador Allende nº 4 – baixo), en horario de 9:00 a 14:00 horas, no prazo establecido.

O número de prazas adxudicadas ao Concello de Santiago é de 12. No caso de ter máis solicitantes que prazas, celebrarase ao remate do prazo de pre-inscrición un sorteo público para seleccionar aos participantes perante o secretario do Concello.

Documentos relacionados



Compartir: