TURISMO

Usuarios de 65 países visitan a web de Curtocircuíto

26/05/2008 O sitio www.curtocircuito.org rexistrou 2.336 entradas dende que o Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago abriu o prazo de inscrición no mes de abril.

Os cibernautas conectáronse á páxina oficial do Festival dende 65 países dos cinco continentes. España é o territorio dende o que máis usuarios consultan a web seguido por Arxentina, Reino Unido, EE.UU. e Alemaña.

A maioría das consultas (un 69,43%) foron de novos usuarios que descubriron Curtocircuíto nesta V edición fronte ao 30,57% de habituais que acceden aos contidos do Festival con regularidade.

A información máis buscada, con 1.270 visitas, é a relativa ao Concurso de guión Compostela Plató, cuxo prazo de inscrición remata o 8 de xuño, ademais da páxina dedicada ao Concurso Oficial de Curtametraxes, que recibiu 671 consultas.

O aumento no número de visitas respecto ao mesmo estadio do ano anterior supón un crecente interese no festival compostelán e demostra a consolidación de Curtocircuíto como o festival de curtas máis importante da Península Ibérica, así como o interese que esperta no mundo.

Compartir: