ALCALDÍA

Os traballadores do Concello celebraron a festividade de Santa Rita

23/05/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo recibiu aos traballadores municipais, con motivo da celebración de Santa Rita de Casia, patroa da Administración Local.

Tras departir cos traballadores que se ían achegando ao Salón Nobre, Sánchez Bugallo agradece na súa intervención o traballo desenvolvido por todos e a súa contribución ao servizo do Concello e do seu bo funcionamento.

Compartir: