EMPREGO
Tamén se entregaron os diplomas aos usuarios do Proxecto Crear IV, que comezou en xuño do 2007 e rematou o 30 de abril do 2008. 114 dos 200 participantes no programa accederon ao mercado laboral, o que representa un 57% do total de participantes. Das persoas inseridas laboralmente, 70 son mulleres e 44 homes. Esta cifra supera en 17 puntos o obxectivo de 80 insercións laborais, o 40%, fixado pola Xunta de Galicia para o Crear IV. No marco do Crear IV impartíronse 45 cursos, cun total de 878 horas lectivas.
A través do Proxecto Persoa III, desenvolvido entre o 14 de decembro do 2005 e o 27 de decembro do 2007, recibiron formación 105 persoas, das que 103 (97 mulleres e 6 homes) accederon ao mercado laboral. En total impartíronse sete especialidades, cun total de 4.285 horas lectivas. Estas especialidades foron: Especialista en atención a persoas maiores e discapacitadas, Atención temperán e estimulación precoz, Especialista en mediación familiar e socioeducativa na resolución de conflictos, Especialista no coidado da imaxe persoal e estética a persoas maiores e/ou dependentes, Adestrador físico de persoas con discapacidade,e Experto en envellecemento activo e Especialista en asistencia persoal.
A oferta formativa da Concellaría de Promoción Económica ten como obxectivo promover a integración laboral de persoas desempregadas a través da súa participación nun proceso integral de inserción. Este proceso contempla, ademáis de formación, prácticas en empresas e apoio á colocación. Incídese, sobre todo, en persoas desempregadas con especiais dificultades de inserción: mulleres, mozas/os, maiores de 45 anos, discapacitados, etc.
Máis de 200 persoas asistiron á entrega de diplomas ao alumnado dos proxectos FIP, Crear IV e Persoa III
21/05/2008 Máis de 200 persoas asistiron á entrega de diplomas aos participantes nos Cursos FIP (Formación e Inserción Profesional), no Proxecto Crear IV e no Proxecto Persoa III, desenvolvidos pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego. Ao acto, celebrado na Aula de Cultura de Caixa Galicia, asistiron alumnos, formadores e representantes das empresas colaboradoras. A través destes cursos e programas formáronse 363 persoas e impartíronse 59 accións formativas, cun total de 8.618 horas lectivas.
58 alumnos remataron os Cursos FIP de Instalador de sistemas de enerxía solar térmica, Fontanería, Carpintería, Cantería e Xardinería; e as especialidades de Eficiencia enerxética, automatización e xestión da enerxía na vivenda, complementaria do Plan FIP, e Electricista de edificios, dirixida a mulleres. Estas sete especialidades formativas, impartidas no 2007, contaron cun total de 3.455 horas lectivas.Tamén se entregaron os diplomas aos usuarios do Proxecto Crear IV, que comezou en xuño do 2007 e rematou o 30 de abril do 2008. 114 dos 200 participantes no programa accederon ao mercado laboral, o que representa un 57% do total de participantes. Das persoas inseridas laboralmente, 70 son mulleres e 44 homes. Esta cifra supera en 17 puntos o obxectivo de 80 insercións laborais, o 40%, fixado pola Xunta de Galicia para o Crear IV. No marco do Crear IV impartíronse 45 cursos, cun total de 878 horas lectivas.