TURISMO

Curtocircuíto estará no Festival de Cannes

19/05/2008 Tim Redford, director do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, estará presente no Festival de Cinema de Cannes para achegar as actividades de Curtocircuíto aos profesionais internacionais que se darán cita na cidade francesa.

Esta viaxe ten o obxectivo de establecer contactos comerciais e descubrir novos proxectos audiovisuais de cara á Semana Oficial e ao III Mercado Internacional de Curtametraxes, que terán lugar entre o 17 e o 24 outubro.

Curtocircuíto, que este ano celebra a súa V edición, estase a converter nun evento de referencia dentro dos Festivais europeos da súa categoría. A edición de 2007 supuxo a consolidación definitiva do festival compostelán, que contou cun catálogo de case 3.000 curtas e 115 profesionais acreditados no II Mercado Internacional de Curtametraxes.

Cannes, que este ano celebra a súa 61 edición, é un dos festivais de cinema máis prestixiosos do mundo, reúne as mellores curtametraxes internacionais e serve como punto de encontro para os profesionais do sector cinematográfico.

Compartir: