ALCALDÍA

O Concello contribúe na loita contra o cancro

15/05/2008 Como ven sendo habitual nos últimos anos, o alcalde da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, achegouse á mesa instalada na Praza do Toural, para contribuír cun importante donativo municipal á campaña de cuestación anual que organiza a Asociación Española de Loita contra o Cancro.

A cantidade recaudada destinarase a varios proxectos, como os programas de prevención e información, apoio psicolóxico e social para enfermos e familiares, residencias e pisos de acollida, financiamento de axudas á investigación, promoción de programa Sde. Detección precoz do cancro de mama, e de coidados paliativos no domicilio para enfermos en fase terminal. Xunto ao sorteo da lotería, esta cuestación é unha das principais formas de financiamento desta entidade sen ánimo de lucro.

Compartir: