AUDITORIO DE GALICIA

"Mapas Abertos. Fotografía Latinoamericana 1991-2002", ata o 19 de setembro no Auditorio

31/08/2005 A mostra "Mapas Abertos. Fotografía Latinoamerica 1991-2002" continúa exposta na sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia ata o 18 setembro. Poderase visitar tódolos días de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas ata o 18 de setembro.

A exposición presenta a obra de artistas de Arxentina, Brasil, Colombia, Costa Rica, Cuba, Guatemala, México, Nicaragua, Perú e Venezuela, e recolle a sorprendente expansión da fotografía contemporánea en tódalas ordes, desde a recuperación da súa propia historia até a hibridación con outros medios de expresión visuais.

Nas últimas décadas do século XX a arte latinoamericana experimentou unha importante expansión grazas as Bienais de arte contemporánea. O proxecto Mapas Abertos é o resultado dunha investigación que contou co asesoramento de importantes críticos, directores de revistas e de editoriais, comisarios, conservadores de fotografía de diferentes museos, responsables de coleccións privadas e públicas, galeristas ademais de artistas.

A estrutura do proxecto estabeleceuse a partir dunha serie de fíos condutores Rituais de identidade, Escenarios e Historias alternativas- que permiten aproximarse e coñecer as dimensións dese complexo mosaico de culturas que conviven en Centroamérica, Caribe e Sudamérica e se expanden a Norteamérica e Europa.

Mapas Abertos está patrocinado por Fundación Telefónica, o Institut de Cultura de Barcelona e Lunwerg Editores.

Compartir: