ALCALDÍA

Silencio no Obradoiro en repulsa contra o terrorismo

15/05/2008 A praza do Obradoiro acolleu unha concentración silenciosa de repulsa contra o último atentado perpetrado pola banda terrorista ETA na localidade alavesa de Legutiano. O mesmo custou a vida ao garda civil José Manuel Piñuel Villalón e causou feridas a outros catro compañeiros e compañeiras.

Con cinco respectuosos minutos de silencio e un aplauso final, a Corporación Municipal uniuse a este acto en lembranza do falecido e dos feridos, e en solidariedade coas súas familias e achegados. Unha vez máis, quedou expresada a repulsa por este asasinato e ante calquera acto terrorista.

Diversos cidadáns anónimos uníronse a esta concentración silenciosa na que, ademais do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e do resto da Corporación Municipal, participaron, entre outros, varios conselleiros do Goberno da Xunta.

Compartir: