ALCALDÍA

Os novos representantes das asociacións veciñais de Galicia expóñenlle os seus proxectos ao alcalde

12/05/2008 O alcalde compostelán recibiu en Raxoi á nova directiva da Confederación Galega de Asociacións Veciñais (COGAVE), encabezada pola súa presidenta, Elena González Sánchez.

A xuntanza foi unha primeira toma de contacto do alcalde con esta entidade, a principal organización representativa do movemento veciñal. Aglutina ás distintas federacións veciñais de Galicia e pretende outorgarlles un marco de actuación máis amplo dentro da Comunidade Autónoma. Dos proxectos de COGAVE para os vindeiros anos déronlle boa conta a Sánchez Bugallo os seus recentemente elixidos novos representantes.

Compartir: