EDUCACIÓN

Quince alumnos do IES Rosalía de Castro viaxan a Ávila no marco do programa "Coñecer as Cidades Patrimonio"

09/05/2008 Un grupo de quince alumnos de 2º de ESO do IES Rosalia de Castro, estarán en Avila dende o 20 ao 22 de maio, para participar en diversas actividades culturais no marco do programa "Coñecer as Cidades Patrimonio". A continuación viaxarán a Cuenca, pero antes estarán en Santiago, entre o 12 e o 14 de maio, alumnos do Colexio Medalla Milagrosa de Ávila.

O grupo de Cuenca está integrado por alumnos de 3º de ESO. Na súa estanza en Santiago participarán nun amplo programa de actividades preparado pola Concellería de Educación. Realizarán un percorrido didáctico polo casco histórico e realizarán varias visitas: Galicia Dixital, Cidade da Cultura, Museo da Catedral, Centro Galego de Arte Contemporánea e Museo do Pobo Galego. Ademais, serán recibidos no Concello o martes 13 de maio.

En outubro de 2007 presentouse a sétima edición do programa didáctico "Coñecer as Cidades Patrimonio", no que participan as 13 cidades españolas que forman parte do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España: Avila, Cuenca, Ibiza, San Cristobal de la Laguna, Córdoba, Tarragona, Toledo, Mérida, Salamanca, Alcalá de Henares, Cáceres, Segovia e Santiago de Compostela.

Este programa está dirixido a alumnos de ESO e pretende avanzar no desenvolvemento de novas actitudes que recoñezan o valor patrimonial das cidades históricas. Ao mesmo tempo descóbrese o seu potencial de desenvolvemento sostible para que futuras xeracións poidan gozar deste legado común a toda unha colectividade.

Cada ano, unha das cidades actúa de coordinadora do programa. Nesta edición é Cuenca, onde se realizará o Encontro final con todos os grupos seleccionados de cada cidade. Durante catro dias -22 ao 25 de maio- participarán nun programa de actividades centrado no tema "As cidades patrimonio e os seus contornos naturais".

Ademais, en cada edición cada cidade intercámbiase con outra e o traballo a elaborar polos grupos participantes tense que referir a esa cidade. Nesta ocasión Santiago intercámbiase con Avila.

Compartir: