EDUCACIÓN

Máis de 1.700 escolares participarán nun novo concerto didáctico

09/05/2008 O luns 12 de maio está prevista a participación de máis de 1.738 escolares no Concerto Didáctico "Cantando Cantando " do grupo de musica Mama Cabra. Este ciclo de concertos, que desenvolve a Concellería de Educación, forma parte do programa municipal Música na Escola, destinado á difusión e á promoción da música, do folclore e do teatro.

O Concerto terá dúas sesións, ás 10:00 e ás 12:00 horas, e celebrarase no Auditorio de Galicia. Alí estará Mamá Cabra, un grupo formado por cinco músicos: batería, frautas, gaita, baixo eléctrico, guitarra eléctrica e voz. O seu repertorio baséase en poemas de Gloria Sánchez, Ana María Fernández ou Concha Blanco, ademais de cancións propias e temas adaptados do noso folclore.

Nas súas actuacións buscan a participación de nenos e nenas propoñendo xogos como imitar xestos, facer acompañamentos rítmicos sinxelos ou repetir un pequeno retrouso, para rematar presentando os instrumentos que empregan dunha maneira lúdica e divertida. No concerto previsto interpretarán pezas musicais dos seus diferentes traballos.

Compartir: