ALCALDÍA

As obras do entorno da Colexiata de Sar rematarán en setembro.

25/08/2005 Ás obras de acondicionamento que o Concello está realizando no entorno da Colexiata de Sar estarán rematadas o 12 de setembro. Así o afirmou o Alcalde, Sánchez Bugallo, na visita ás obras de acondicionamento do entorno da histórica Colexiata de Sar, na que estivo acompañado polo párroco, José Porto Buceta, e polo concelleiro de Infraestructuras, Bernardino Rama.

Esta actuación supón un investimento total de 78.341 euros que se empregarán en adecuar o actual parque infantil á normativa vixente mellorando a totalidade das súas instalacións, ao acondicionamento do pavimento na explanada, no camiño, no campo de xogos e en todo o seu entorno en xeral e á colocación de rego automático na zona axardinada.

O novo parque infantil ocupará unha superficie de 420 metros cadrados e contará con dez elementos de xogo axeitados para as distintas idades dos rapaces.

A zona recreativa, que conserva un hórreo e un cruceiro, permanecerá pechada pola noite para evitar que se poidan causar danos no novo mobiliario do parque.

Compartir: