FESTAS

Seis grupos galegos darán a coñecer a súa música nun concerto no Campus Sur

01/05/2008 As Festas da Ascensión continúan despois de vivir na noite do mércores 30 unha gran festa, que aínda co tempo en contra, non impediu que miles de mozos gozasen coa Campus Party. O programa do xoves 1, día da Ascensión, invitaba a pasar unha tarde polas rúas de Santiago coa multitude de actuacións a cargo de diferentes agrupacións folclóricas.

Na mañá do xoves 1 celebrouse o Concurso Cabalar Ascensión 2008, que segundo o coordinador da Asociación Pura Raza Cabalo Galego, Xacobe Pérez Paz, contou cunha alta participación. Tras as exhibicións e concursos oficiais, chegou o momento de deliberar e facer a entrega de premios, que foron os seguintes:

Concursos Morfolóxicos e de Andadura galega serrada (dous tempos) e chapeada (catro tempos):

- Modalidade Cabalo de pura raza galega:
1º premio: Cabalo Domiños, de Gabriel Fernández

- Modalidade Egua de pura raza galega:
1º premio: Támaga, de Lino Freire (Betanzos)

- Modalidade Eguas cruzadas:
1º premio: Limonera, de Marcos Cajaraville (Santiago)

- Modalidade Cabalos cruzados:
1º premio: Cabalo Mozárabe, de Martiño Iglesias (Cacheiras)

- Modalidade Andadura galega serrada (dous tempos):
1º premio: Heidy, de Ramón Carro

- Modalidade Andadura galega chapeada (catro tempos):
1º premio: Cabalo Madrileño, de Miguel Ángel López

Gran premio institucional do Concello de Santiago Dragóns de Santiago 2008:

- Cabalo Domiños, de Gabriel Fernández (con 137´5 puntos)

Tamén o xoves 1 comezou a Volta Ciclista da Ascensión, organizada pola Fundación Compostela Deporte e o Club Ciclista Compostelano, na que participan un total de 140 corredores de 20 equipos diferentes. Correrán formacións de varios puntos de España (Murcia, País Vasco, Cantabria, Castela e León Valencia, Madrid e Galicia) e internacionais, con participantes chegados de Portugal, Rusia, Holanda, Irlanda e Kazajistán. Xá á noite, ás 20:00 horas, verbena a cargo da orquestra Abanico, no Paseo Central da Alameda. E ás 23:00 horas, concertó de M Clan. A continuación, turno para Dj Luis López. Tampouco cómpre esquecer a actuación no Toural, ás 23:00 horas, do grupo folc Coanhadeira.

Festa infantil, Campionato de Chave e Concerto do Local 10
Na xornada do venres 2, os máis pequenos poderán xogar durante toda a tarde (18:00 horas) grazas a unha Festa Safari, organizada no Paseo Central da Alameda. Baixo a carpa, decorada para a ocasión, os rapaces poderán xogar coas mascotas, bailar coa discoteca móvil e saltar nos inchables, todo de acceso gratuíto. Ás 20:30 horas dará comezo o Campionato de Chave, que este 2008 alcanza a súa triséxima segunda edición, na que se espera unha alta participación entre os veciños dos barrios da cidade e das parroquias colindantes.

Pola noite, a festa comeza como é habitual co espectáculo de música e baile da orquestra invitada, neste caso Costa Oeste, que desde as 22:00 horas fará bailar a todos os presentes na Alameda. Para os máis novos, a festa segue no Campus, onde a partir das 22:00 horas poderán escoitar diferentes estilos musicais (pop, rock, funk, metal, hip hop) en directo de seis grupos galegos no Concerto Local 10 Ascensión: Ascensión Lírica, Mito Escrito, Bronquitis Crónica, Codename, Forraje e o Dj Rhythm Part. E no Toural, o estilo reggae do jamaicano Ruanaway, comezará a soar a partir das 23:00 horas.

Compartir: