MEDIO AMBIENTE

Visto bo ao proxecto modificado do novo Centro de Interpretación Ambiental de Belvís

28/04/2008 A Xunta de Goberno aprobou o proxecto modificado de rehabilitación do secadoiro da antiga fábrica de curtidos de Belvís. Alí estará o novo Centro de Interpretación Ambiental.

O proxecto supón un incremento de 119.955 euros, así como a adxudicación das obras que nel se comprenden por importe de 101.962 euros e un prazo de 3 meses. Este incremento está motivado pola necesidade de consolidar os muros de pedra da edificación primitiva que quedaron ao descuberto iniciadas as obras. Isto obrigou a ralentizar as obras en marcha ata a aprobación deste proxecto modificado.

Segundo explicou o voceiro da Xunta de Goberno, Néstor Rego, o desenvolvemento destas obras poderase facer en paralelo á dotación de mobiliario para este complexo, único aspecto pendente para a súa apertura. O obxectivo é que este Centro de Interpretación Ambiental, pioneiro no noroeste peninsular, poida estar funcionando a finais de 2008 ou principios de 2009.

Compartir: