TRANSPORTES

O sistema de aluguer de bicicletas de uso público contará con sete estacións e facilitará ata 1.000 tarxetas de usuario

28/04/2008 O Goberno local adxudicou o subministro de equipamento, instalación e xestión do sistema de aluguer de bicicletas de uso público, promovido pola Concellería de Transportes, por un importe de 147.382 euros. A empresa adxudicataria instalará sete estacións de aparcadoiro.

En cada unha das sete estacións de aparcadoiro, das que tres serán cubertas, habilitaranse ata 12 soportes para bicicletas. Estas estacións estarán vixiadas por un unha cámara web, que facilitará a supervisión do sistema a distancia.

O sistema de aluguer permitirá expedir ata 1.000 tarxetas de usuarios. Estes serán os protagonistas dun sistema de transporte alternativo e urbano que nace cun carácter experimental, pero coa ambición de seguir medrando. Permitirá avaliar cal é a demanda real deste modo de transporte.

Os usuarios terán á súa disposición unhas 100 bicicletas de cidade completamente equipadas, con luces e alforxas para o transporte de material. Coa bicicleta tamén se poderá recoller o casco e mesmo un chaleco reflectante.

Compartir: