EMPREGO

Promoción Económica selecciona novos alumnos para os cursos do Plan FIP

25/04/2008 A Concellaría de Promoción Económica e Emprego levará a cabo o luns, 28 de abril, e o martes, 29 de abril, un novo proceso de selección de alumnos para os cursos do Plan FIP (Formación e Inserción Profesional). En total quedan 25 vacantes por cubrir: dez en cantería, oito en fontanería e sete en carpintería.

As probas de selección terán lugar nas oficinas da rúa Horreo, número 100, en horario de 9:00 a 11:00 horas. As persoas interesadas poden informarse no teléfono da Oficina de Promoción Económica e Emprego: 981 542 493. Estes cursos están dirixidos a persoas desempregadas e son gratuitos. Impartiránse no Centro de Formación Ocupacional Sanxuás de Aríns.

En cada unha das especialidades ofértanse 15 prazas. Xa está cuberta xardinería, na que está previsto seleccionar varios suplentes que accederían ao curso no caso de que algún dos 15 alumnos da lista non puidese asistir. As catro especialidades contemplan a realización de prácticas en empresas.

Compartir: