EDUCACIÓN

A Campaña de Animación á Lectura péchase cunha gran festa

25/04/2008 O sabado, 26 de abril, a partir das 12:00 horas, na Galería Sargadelos, péchase unha nova edición da Campaña de Animación á Lectura, que este ano 2008 titulouse "O eco da memoria". A clausura chega en forma dunha festa, á que están convidados nenos, pais e educadores.

A entrada é libre e de balde nesta sesión lúdica dedicada especialmente para as familias. Dende o 31 de marzo, máis de 4.000 escolares, profesorado, educadores, pais e nais teñen participado nas diferentes propostas realizadas conxuntamente pola Concellería de Educación e pola editorial Kalandraka. Visitas guiadas, sesións de contacontos, obradoiros de ilustración e banda deseñada ou sesións formativas foron algunhas das actividades desenvolvidas ao longo de varias semanas..

A Campaña de Animación á Lectura ten como obxectivo promover a lectura como un dos elementos básicos na formación integral das persoas. Nesta edición centrouse na recuperación da nosa tradición oral e musical.

Compartir: