CULTURA

O humorista Rober Bodegas presenta os seus monólogos no Teatro Principal

23/04/2008 O carballés Rober Bodegas constitúe unha das figuras con maior proxección do humor galego. O xoves 24 de abril presentará os seus monólogos no Teatro Principal ás 21:00 h. O espectáculo está organizado pola Concellaría de Cultura.

Rober Bodegas fíxose coñecido por ser o gañador do programa de humor de TVE O rei da comedia. Alí, encandilou o público español cun humor intelixente, que combina un punto de vista ocurrente verbo da realidade cotiá cun toque macarra e nihilista a un tempo.

Os prezos para poder ver esta actuación son de 7 euros en butaca e platea, 5 euros se é primeira e segunda planta e 3 euros no caso de ser no anfiteatro. As entradas pódense mercar en www.caixagalicia.es, no teléfono 902 434 443 ou na propia taquilla do Teatro. O horario de taquilla é de 12:30 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas.

Compartir: