ALCALDÍA

Luis Tojo recibiu no Obradoiro a atletas minusválidos chegados desde Florencia.

11/08/2005 O Alcalde en funcións, Luis Toxo Ramallo, recibiu o xoves 11 de agosto na Praza do Obradoiro a un grupo de 11 atletas minusválidos pertencentes ao "Gruppo Sportivo Handicappati Toscana". que remataron a súa peregrinación en cadeira de rodas desde Saint-Jean a Santiago de Compostela con fins solidarios.

Con esta actuación os deportistas miusválidos pretendían sensibili-la opinión pública da importancia da doazón de sangue, médula ósea e órganos. A peregrinación tamén pretendía servir como estínulo para tódalas persoas que teñen unha miusvalía.

Os deportistas, que chegaron acompañados dos seus familiares, manifestaron ao longo do camiño as adversidades climátics e as dificultades que se atoparon pola falta de acondicionamento do camiño para persoas minusválidas.

A idea de peregrinar a Compostela era a contiuaicón dun reto plantexado anteriormente, xa que no ano 2003 este grupo de atletas peregrinou de Florencia a Roma co mesmo obxectivo solidario.

Compartir: