URBANISMO

Impulso ao centro de saúde da zona vella

21/04/2008 O Goberno local ratificou o convenio entre o Concello e a USC polo que se obtén unha parcela en Galeras destinado a un centro de saúde para a zona vella. O acordo tamén contempla a cesión á USC de terreos situados ao oeste da estrada de San Lourenzo, para os edificios docentes e investigadores.

O convenio ratificado ten presente a necesidade de ampliar as dotacións de natureza asistencial-sanitaria. O Concello considerou adecuada a implantación dun centro de saúde na zona vella, para a cal se pon a disposición do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) unha parcela de 1.796 metros cadrados. Así, procédese a ceder unha superficie de 958 metros cadrados que se une á outra de 837 metros cadrados xa cedida con anterioridade.

Ademais, do centro de saúde, a intención do SERGAS é situar tamén neste ámbito a Xerencia de Atención Primaria. En canto á parcela situada en San Lourenzo, a súa superficie total é de 10.630 metros cadrados.

Cornes e Castro de Abaixo
Tamén en materia urbanística, aprobouse definitivamente o proxecto modificado número 1 da urbanización do polígono 1 do SUP-2 de Cornes. O orzamento de execución por contrata ascende a 3.205.996 euros. Este solo ten en total máis de 32.000 metros cadrados e nel construiranse unhas 240 vivendas.

Finalmente, deuse o visto bo inicial aoo Estudio de detalle do quinteiro 16 do SUNP-22 de Castro de Abaixo. O proxecto someterase a información pública durante o prazo de 20 días, con citación pública dos propietarios afectados, EMUVISSA e Santiago Sur.

Compartir: