EDUCACIÓN

Obradoiro de jazz na Escola Municipal de Música

18/04/2008 A Escola Municipal de Música acolle un obradoiro de jazz, co obxectivo de familiarizar aos asistentes coa montaxe dun tema deste estilo musical. Celebrarase os días 22 de maio, de 16:00 a 20:00 horas, e 24 de maio, de 10:00 a 14:00 horas. O prazo de inscrición remata o 20 de maio.

O batería Carlos López, o trompeta Voro García, o pianista Óscar da Graça e o baixo Carlos Sánchez impartirán este obradoiro, que aborda, mediante exemplos prácticos, todos os aspectos relacionados coa interpretación do jazz. Rematadas as explicacións, os asistente poderán formar improvisados combos, nos que eles mesmos experimentarán tocando en directo cos profesores e con outros alumnos.

O obradoiro está destinado a alumnos de todos os niveis que desexen coñecer en profundidade ou ampliar coñecementos dentro do estilo do jazz. O prezo do curso é de 70 euros.

Compartir: