ALCALDÍA

O alcalde reuniuse coa nova directiva da asociación veciñal "O Ensanche"

16/04/2008 A asociación veciñal "O Ensanche" conta con nova directiva. Os seus integrantes reuníronse co alcalde, Xosé A. Bugallo, no centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.

No encontro, a entidade veciñal presidida por Fernando Pereiro comunicoulle ao alcalde as súa principais demandas para o barrio. No xuntanza tamén participaron os concelleiros de Urbanismo, Mercedes Rosón, e de Infraestruturas e Relacións Veciñais, Bernardino Rama.

Compartir: