CULTURA

Continua Compostela Máxica logo dunha Gala de Apertura que ateigou o Teatro Principal

14/04/2008 Compostela Máxica 2008. II Semana Internacional do Ilusionismo continúa enchendo as rúas da cidade de maxia e ilusión. O sábado 12 foi o pistoletazo de saída cunha Gala de Apertura que encheu o Teatro Principal e incluso deixou a moitos sen poder gozar deste primeiro espectáculo de maxia. A idea da organización era celebrar esta Gala na Praza da Quintana, pero tivo que mudar de lugar por culpa da choiva.

O martes 15, os escolares seguirán gozando de maxia pola mañá no Teatro Principal. Ás 10:00 horas será o Mago Norberto cos seus Xogos Máxicos e ás 12:30 horas o espectáculo A nosa maxia, de Cyrille Sinclair. Ademais, tras a soleada xornada do luns 14, que permitiu que a maxia na rúa lucise máis que nunca, o martes 15 de novo as prazas de Praterías, Roxa e do Toural converteranse en escenario dos mellores magos do mundo. Ás 13:00 horas, Jean Philippe estará na Praza Roxa; Malo, El Malísimo nas Praterías e Steve Faulkner na praza do Toural. Ás 19:00 horas serán o Dr. Marrax, Miguelillo e Jean Philippe os que estean na Praza Roxa, na das Praterías e na do Toural, respectivamente.

Ademaís, este mesmo martes 14 comezarán as funcións de maxia nos Centros Socioculturais. Será o da Trisca o primeiro en recibir a un mago nesta II Semana Internacional do Ilusionismo. Ás 18:00 horas, Cayetano LLedó fará unha función neste centro do barrio de San Pedro. Xa pola noite, ás 20:00 horas, o Teatro Principal acollerá de novo unha Gala Familiar. Neste caso, será o Mago Pedro Volta o protagonista, co seu espectáculo Ilusión.

Compartir: