FESTAS

Case 200.000 euros para as Festas da Ascensión

14/04/2008 A Xunta de Goberno aprobou o orzamento das Festas da Ascensión 2008, que se celebrarán do 30 de abril ao 4 de maio.

O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentará en breve o calendario destas festas, cunha programación plural e festiva que na súa maioría se desenvolverá nas rúas e prazas da cidade. Non faltarán as atraccións da Alameda, a animación de rúa, a festa dos maiores, o concurso cabalar ou as diversas actuacións musicais.

Acordo cos gandeiros
En materia de Mercados, deuse conta á Xunta de Goberno do acordo para fixar o calendario anual do Mercado de Gando de Amio. Segundo o mesmo, este será elaborado cada ano de forma que a Concellaría de Mercados remitirá unha proposta para o ano seguinte ás asociacións de gandeiros antes do 30 de outubro.

No mes de novembro, as asociacións formularán as propostas oportunas e, en decembro, o Concello aprobará e comunicará o calendario decidido. Crearase unha comisión de seguimento paritaria formada por tres representantes da Administración e a concesionaria e outros tres designados polas asociacións.

Compartir: