EDUCACIÓN

Ábrense os prazos de reserva e solicitude para o curso 2008-2009 na Escola Municipal de Música

14/04/2008 A Xunta de Goberno aprobou os prazos de reserva e solicitude para o curso 2008-2009 na Escola Municipal de Música. O primeiro prazo é o da reserva dos alumnos actuais, que irá do 21 de abril ao 9 de maio.

Estes alumnos actuais que reserven praza poderán formalizar a matricula entre o 19 de maio e o 2 de xuño). Os novos alumnos deberán presentar as súas solicitudes do 20 de maio ao 12 de xuño, e matricularse entre o 17 de xuño e o 27 de xuño. As solicitudes entregaranse na Escola de Música en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas.

Concurso Ánxel Casal e Certame de teatro Intercentros
Tamén en Educación, aprobouse un orzamento de 6.000 euros para a XIII edición do Concurso literario Ánxel Casal nas modalidades de teatro, poesía e conto. No primeiro destes ámbitos, o do teatro, tamén se deu o visto bo ao XIII Certame de Teatro Intercentros, cun orzamento de 1.469 euros.

Compartir: