FESTAS

Chico César e Ray Lema, ritmos africano-brasileiros tras o espectáculo de luz e son

24/07/2005 Ás 24.30 horas, na Praza da Quintana, tras o espectáculo de luz e son e a queima da fachada gótica no Obradoiro, Chico César e Ray Lema encherá a Quintana cos seus sons chegados do Brasil e África.

Chico César é a estrela con máis proxección da música pop brasileña desde 1996. Xa desde anos atrás era un gran compositor. Este éxito levouno a vender 500.000 copias dos seus primeiros discos. Compárano con Caetano Veloso pola sua poesía e forma de cantar, pero é certo que as suas vistosas actuacións reflexan a influencia do pop africano. O seu grande éxito, Mama Africa, xa é un himno.

Ray Lema naceu nun tren o 30 de marzo de 1946 en Zaire (agora República Democrática do Congo). Cando tiña 11 anos entrou nun pequeno seminario en Kinshasa coa intención de ser cura. Pero, de súpeto, revelaron un don para o piano. Unha das súas experiencias máis profundas ten sido o seu traballo en Bulgaria compoñendo e gravando un disco co mestre da arte coral búlgara Kirim Stefanov.

Desde que se coñeceron por primeira vez en Brasil en 1998, Chico César e Ray Lema sinten unha especial conexión musical entre eles. Ray estaba tocando nun festival de Sao Paulo e un amigo levouno á casa de Chico. Cando empezaron a tocar xuntos, Ray quedou gratamente sorprendido de atopar a alguén en Brasil que tocase a guitarra como a xente de certa rexión do Congo. Chico César en cambio coñecía a Ray Lema da súa colaboración no disco "The Rythmatist", primeiro album en solitario do ex batería de The Police, Stuart Copelan.

Os dous artistas son coñecidos pola súa capacidade de traballar con artistas de culturas diferentes. Ray Lema axudou a producir o album Funana do grupo Finaçon de Cabo Verde. Con We Were, un músico de Camerún que vive na Costa de Marfil, escribiu a ópera "Un Toureg s´est marie avec una pygmée". Tamén tocou no disco "Euro African Suites" co pianista alemán Joachim Kühn. No ano 2000 gravou o album "Safi" co sudanés/marroquí Tyour Gnaoua. Unha das súas experiencias máis profundas ten sido o seu traballo co Profesor Kirim Stefanov, o mestre da arte coral búlgara e director artístico do Pririn desde 1956. Xuntos teñen composto e gravado un disco extraordinario, no cal 23 cantantes (14 búlgaras, 6 africanas e un coro de 3) mesturan as súas voces e as súas culturas.

Chico César sempre ten estado conectado coa música africana. Desde que escribiu a letra da canción "Cando escoitei a Salif Keita, bailei" no éxito Á primeira vista, músicos e personalidades africanas teñen estado presentes no seu traballo, por exemplo, cancións como Mandela, Fila e por suposto Mamá África, até hoxe o seu éxito máis grande. No seu album Beleza Mano invitou a Lokua Kanza ás gravacións. A idea de facer unha xira xuntos xurdiu o ano pasado en Rio de Janeiro. Agora por primeira vez, teremos posibilidade de disfrutar deste proxecto inédito en España.

Compartir: