COMERCIO

A Gala do Comercio homenaxeará a cinco establecementos de Santiago

26/03/2008 Farmacia Valdés, Joyería Frade, Novedades Carmiña, Mercería Algui e Morandeira Moda son os cinco establecementos que van ser homenaxeados na III Gala do Comercio, "Compostela capital de compras", que celebrará o 10 de abril no Teatro Principal dentro do programa de actividades deseñadas baixo o lema Marzo, mes do comercio.

A comisión avaliadora seleccionou aos establecementos homenaxeados en base aos seguintes criterios de valoración: antigüidade do estabelecemento e que o comercio pasara de xeración a xeración no seo dunha mesma familia desde a súa fundación. A iniciativa ten como obxectivo homenaxear a cinco comercios da cidade pola súa traxectoria ao servizo da súa clientela. Os comercios seleccionados foron:

• Farmacia Valdés: fundada en 1924 e traspasada hai 23 anos. Está situada en Cantón do Toural, número 1.
• Joyería Frade: fundada en 1934 e explotada en xeración no seo dunha mesma familia. Está ubicada na rúa Travesa, número 6.
• Novedades Carmiña: fundada en 1940 e explotada en xeración no seo dunha mesma familia. Está situada en Rúa das Orfas, número 12.
• Mercería Algui: aberta en 1949 e explotada en xeración no seo dunha mesma familia. Está ubicada na Rúa do vilar, número 24.
• Morandeira Moda: fundada en 1949 e explotada en xeración no seo dunha mesma familia. Está situada na Rúa Algalia de Arriba, número 17.

Compartir: