EDUCACIÓN

Un novo concerto e un curso para pianistas na Escola Municipal de Música

24/03/2008 Á volta da Semana Santa, a Escola Municipal de Música recupera o seu programa de actividades. Farao cun concerto con pezas de Schubert e cun Curso de técnica pianística e improvisación.

A primeira das actividades será un concerto de voz e piano, o mércores 26 de marzo, ás 20:00 horas, na propia Escola. O pianista Cándido Cabaleiro e o barítono Eliseo Mera encargaranse desta actuación, na que se interpretará "Viaxe de Inverno", de Franz Schubert.

Ese mesmo día 26 comeza o Curso de técnica pianística e improvisación, que tamén se desenvolverá os días 2 e 3 de abril. Impartirao o compositor e pianista José Manuel Fernández González, que pechará o curso cun concerto propio ese mesmo 3 de abril.

Este curso é de balde e está dirixido a alumnos da Escola. Todos os instrumentistas que desexen participar como oíntes neste curso deberán inscribirse como data límite o 25 de marzo. Os pianistas quedan inscritos automaticamente.

Compartir: