ALCADÍA

As festas de Pascua de Padrón renden unha nova homenaxe a Santiago

24/03/2008 Como cada ano, as festas de Pascua de Padrón homenaxearon a Santiago no día dedicado á nosa cidade. O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo e a Corporación municipal acudiron a esta vila para disfrutar cos padroneses e visitantes desta tradicional celebración.

Foi esta a primeira ocasión na que exerceu como anfitrión o novo alcalde de Padrón, Camilo Forján, quen recibiu á delegación compostelá na Casa do Concello. Non faltou o intercambio de bastóns, o saúdo aos padroneses dende o balcón e a actuación das bandas municipais de música de Santiago e de Padrón.

Cómpre lembrar que Santiago corresponde a tal honor coa celebración do Día de Padrón durante as Festas do Apóstolo. Afírmanse así os lazos tradicionais entre as dúas vilas, que se estende tamén a outros ámbitos como a cultura ou o turismo.

Compartir: