FESTAS

O Concello establece nun mínimo de 112.000 euros por ano a xestión dos postos feirais na Alameda

24/03/2008 A Concellería de Festas fixou nun mínimo de 112.000 euros/ano a cantidade que deberá satisfacer aquela empresa que se queira facer cargo da explotación das atraccións e demais postos feirais durante a Ascensión e o Apóstolo.

O Goberno local aprobou o prego de cláusulas administrativas e iniciou o expediente para a contratación desta concesión de bens de uso público municipal. As barracas, atraccións e casetas poderán estar colocadas durante os períodos das festas, en maio e xullo, respectivamente. A adxudicación realizarase para os anos 2008 e 2009.

Compartir: