MEDIO AMBIENTE

Visto bo á ampliación da rede de abastecemento de auga en Figueiras

17/03/2008 A Xunta de Goberno, a proposta da Concellaría de Medio Ambiente, aprobou o proxecto das obras de ampliación da rede de abastecemento de auga en Figueiras. Igualmente, ponse a disposición da Consellería de Medio Rural, libres de cargas e gravames, todos os terreos necesarios para a normal execución das obras, así como os correspondentes permisos e autorizacións.

Este proxecto de abastecemento de auga terá un custo aproximado de 86.845 euros. O seu fin é arranxar a deficiencia da presión existente no lugar de Cobas. A solución consiste na colocación dunha canalización de maior amplitude que conecte a tubería na rúa Sarela de Abaixo coa tubería no lugar de Figueiras. A nova canalización irá pola marxe esquerda en dirección a Figueiras, pola comarcal CP-7803, e cruzará a estrada ata a marxe dereita en Figueiras. O prazo estimado de execución das obras é de catro meses

Este proxecto está incluído no Programa Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural para este ano 2008 e será executado por esta administración autonómica en virtude dun convenio de cooperación. O Concello asumirá a explotación, mantemento e conservación das infraestruturas unha vez rematadas.

Compartir: