PXOM

Continúan as xuntanzas sectoriais do PXOM

19/07/2005 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, xunto aos técnicos municipais de Urbanismo, continúan o programa de exposición e debate do Plan Xeral do Ordenación Municipal con xuntanzas sectoriais.

O martes 18 de xullo é o turno dos membros das directivas da Cámara de Comercio, Acotes, Hostelería e Compostela Monumental, que atenderán no Pazo de Fonseca ás explicacións dos detalles do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Ademais dos membros destas directivas, ata agora participaron nestas roldas de contacto cos veciños composteláns o Consello de Relacións Veciñais, o Consello de Medio Ambiente, a Federación de Asociacións de veciños da zona rural e promotores urbanísticos.

O programa de explicación e debate sobre o PXOM continuará nas próximas datas con xuntanzas co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e membros dos colexios oficiais de enxeñeiros técnicos industriais, abogados e economistas, entre outros.

Compartir: