ALCALDÍA

Silencio e aplausos no Obradoiro para lembrar a Isaías Carrasco

10/03/2008 A praza do Obradoiro acolleu unha concentración silenciosa en lembranza do ex concelleiro socialista Isaías Carrasco, asasinado por ETA o venres 7 de marzo. A Corporación Municipal encabezou esta concentración, á que se uniron algúns cidadáns anónimos.

Diante de Raxoi, os alí concentrados quixeron expresar a súa repulsa polo asasinato de Isaías Carrasco e por calquera acto terrorista, así como amosar o seu apoio á familia e aos seus compañeiros. Os rigorosos cinco minutos de silencio pecháronse cun sentido aplauso.

Ademais do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e do resto da Corporación Municipal, na concentración de Santiago participaron, entre outros, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño; o vicepresidente, Anxo Quintana; varios conselleiros do Goberno galego; a presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, ou o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, entre outros.

Compartir: