MOBILIDADE E INFRAESTRUTURAS

Ábrese aos peóns a rúa de Domingo García-Sabell

10/03/2008 A rúa de Domingo García-Sabell Rivas quedará aberta ao tráfico peonil dende Galeras ata o cruce dar rúa de Carretas-Entrerríos. Esta apertura mellorará a accesibilidade para os usuarios do Centro Municipal de Servizos Socias e para os cidadáns en xeral que viñan utilizando con anterioridade esta vía, na que as antigas escaleiras foron substituídas por amplas beirarrúas sen barreiras arquitectónicas.

O tramo está dotado de alumeado público e de todos os elementos necesarios para a entrada en funcionamento para os peóns. Unicamente queda pendente a sinalización horizontal e a posta en funcionamento dos semáforos co cruce da rúa de Galeras. Ademais, a rúa está perfectamente valada, para impedir calquera trastorno aos peóns das obras da zona.

Compartir: