URBANISMO

Actualización de prezos de vivendas nunha zona residencial do Paxonal

10/03/2008 A Xunta de Goberno aprobou a actualización do prezo máximo de venda das futuras vivendas a executar nos solares pendentes de edificar nunha zona residencial do SUNP-17 do Paxonal, provenientes de uso de apartahoteis.

O acordo establece para 2008 un prezo máximo de venda do metro cadrado construído de vivenda en 1.840 euros. Estas cotizacións afectan a aquelas parcelas nas que se produce unha variación no uso de apartahoteis a residencial.

En canto ás prazas de garaxe, estean ou non vinculadas á vivenda, faiados e demais anexos á vivenda, limítase o seu prezo máximo de venda por metro cadrado construído ao 60% do prezo sinalado para as vivendas.

Compartir: