POLÍTICA LINGÜÍSTICA

Estudantes de Filoloxía realizarán prácticas laborais no Concello

18/07/2005 O concelleiro de Normalización Lingüística, Manuel Portas Fernández, e o Decano da Facultade de Filoloxía, Ernesto González Seoane, presentaron o luns 18 de xullo un convenio para a realización de prácticas laborais no Concello.

Co propósito de que o alumnado da Facultade de Filoloxía complete os seus estudos teóricos e prácticos cun coñecemento directo das políticas públicas de promoción do uso da lingua, o Concello vén de firmar un convenio coa Facultade de Filoloxía da USC.

A través deste convenio, o Concello facilitará a acollida aos estudantes da Facultade para a realización de prácticas profesionais nas súas dependencias.

Compartir: