INFRAESTRUTURAS

Adxudicadas as obras de reparación da rúa República Arxentina e do campo da festa de Busto

18/07/2005 O pavimento da República Arxentina e o campo da festa de Busto estarán reparados nos vindeiros meses.

A Xunta de Goberno Local aprobou o luns 18 a adxudicación das obras de reparación do pavimento da rúa República Arxentina, cun importe de 59.947,16. Eulogio Viñal, Obras y Construcciones será a encargada destas obras, nun prazo de execución de dous meses.

Así mesmo, a empresa Xestión Ambiental de Contratas S.L. foi a escollida para levar a cabo as obras de acondicionamento do campo da festa de Busto, por importe de 134.380,73 euros.

Compartir: