MERCADOS

Concretadas as partidas económicas para a reforma do Mercado de Abastos

03/03/2008 A Xunta de Goberno deu o visto boa o convenio entre o Concello, o Ministerio da Vivenda e a Consellería de Innovación e Industria para a remodelación do Mercado de Abastos. No mesmo concrétase a distribución de anualidades para a execución deste proxecto.

O investimento total nesta obra ascende a 5.061.288 euros, dos que 2.530.644 serán achegados polo Ministerio de Vivenda, 1.394.358 polo Concello e 1.136.285 pola Consellería de Industria. Da cantidade prevista para a actuación, 2.619.551 euros corresponden á anualidade 2008 e 2.441.737 ao 2009.

Á vista do previsto deste convenio, será o Ministerio de Vivenda, a través da Dirección Xeral de Arquitectura e Política de Vivenda, a administración que contrate as obras. Non obstante, un representante do Concello e outro da Consellería asistirán á Comisión de Valoración Técnica do Concurso. O Concello de Santiago pon a disposición do Ministerio o inmoble da Praza de Abastos.

A sinatura deste convenio permitirá licitar as obras e, en consecuencia comezar a súa execución en vindeiros meses.

Compartir: