TRANSPORTES

Mantéñense as tarifas do transporte urbano

03/03/2008 O Goberno local acordou manter as tarifas do transporte urbano O billete ordinario queda como estaba, en 0,90 euros, e o escolar en 0,55 euros.

Co bono ordinario, a viaxe sairía como ata agora en 0,55 euros e, co bono escolar, en 0,40 euros. O prezo do bono mensual mátense tamén nos 26 euros.

O obxectivo desta medida é contribuír a facer máis atractivo o uso do transporte público e incrementar o número de pasaxeiros. As previsións para 2008 son de alcanzar os 7,5 millóns de viaxeiros.

Compartir: